
A organización municipal fai referencia á organización política do Concello, é dicir, ao conxunto de órganos que poden exercer funcións de carácter decisorio, informativo e consultivo.

A corporación municipal de Cervo conta con representantes de tres formacións políticas dende as últimas eleccións municipais, celebradas o 26 de maio de 2019.
Esta corporación está composta por 11 concelleiros, incluído o alcalde, repartidos da seguinte maneira segundo os resultados dos comicios: Partido Popular (PP), 7 concelleiros; Partido Socialista de Galicia (PSdeG), 2 concelleiros; e Bloque Nacionalista Galego (BNG) 2 concelleiros.
O número de representantes de cada partido político na corporación está directamente relacionado co número de votos recibidos nas eleccións municipais en base á Lei D'Hont. Nos últimos comicios os resultados foron os seguintes: O Partido Popular (PP) recibiu un total de 1.939 votos (62,53 %); o Partido Socialista de Galicia (PSdeG) 566 votos (18,25 %) e o Bloque Nacionalista Galego (BNG) 507 votos (16,35 %).
- ALCALDE PRESIDENTE
- D. Alfonso Villares Bermúdez

- CONCEJALES PARTIDO POPULAR
Dª. María Dolores García Caramés
Dª. Manuela Méndez Álvarez
D. David Rodríguez Pernas
D. Alfredo Antonio Fernández Casas
Dª Denise Galán López
Dª María Concepción Pilar Armada Carrete
PARTIDO SOCIALISTA DE GALICIA
D. Francisco Urbano Mon Fernández
Dª. María Luján Ramos Ben
- BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
- D. Diego Fernández Martínez
- D. Jorge Caldeiro Díaz