
A organización municipal fai referencia á organización política do Concello, é dicir, ao conxunto de órganos que poden exercer funcións de carácter decisorio, informativo e consultivo.

• Alcaldía: O alcalde é o presidente da corporación, dirixe a administración municipal e representa ao Concello. É elixido democraticamente polas persoas con dereito a voto nas eleccións municipais, que se celebran cada catro anos. Preside o Concello.
• Tenencia de Alcaldía: Un tenente de alcalde é un concelleiro ao que o alcalde, en uso das facultades que lle atribúe a lei, nomea membro da Xunta de Goberno e lle recoñece capacidade legal para substituílo nos supostos que determina a lexislación, basicamente en caso de enfermidade, ausencia, dimisión ou falecemento.
• Xunta de Goberno Local: É o órgano colexiado do equipo de goberno municipal. Está formada polo alcalde, os tenentes de alcalde e os concelleiros por el designados. A súa finalidade é asistir ao alcalde nas súas atribucións e aquelas que lles encomende a carta municipal.
No caso de Cervo, a Xunta de Goberno está integrada por:
• D. Alfonso Villares Bermúdez, Alcalde
• Dª Dolores García Caramés, 1º Tenente de Alcalde
• Dª. María Concepción Pilar Armada Carrete, 2ª Tenente de Alcalde
• Dª Denise Galán López, 3º Tenente de Alcalde
• Pleno: As sesións plenarias son as reunións oficiais que convoca o alcalde-presidente e ao que acoden todos os concelleiros e concelleiras da Corporación Local, tanto os do goberno como os da oposición. Presididos polo rexedor, celébranse polo menos unha vez ao mes de forma ordinaria, aínda que o alcalde pode convocar máis duna sesión ao mes, sendo as seguintes denominadas extraordinarias. A función do pleno é aprobar aquelas resolucións das comisións de traballo que sexan de maior importancia.