O MUNDO DA INDUSTRIA O MUNDO DA INDUSTRIA

A tradición industrial de Cervo, desde antano, deixou pegada no territorio do concello, existindo os seguintes bens patrimoniais e empresariais:

  • Restos arqueolóxicos das instalacións siderúrxicas
  • Ruínas da antiga fábrica de louza
  • Fábrica de Sargadelos
  • Mina de Caolín
  • Fragas de Rúa e de Trabar
  • Alcoa

O conxunto Histórico Artístico de Sargadelos foi fundado a finais do século XVIII por Antonio Raimundo Ibañez, Marqués de Sargadelos, ao levantar unha fundición de ferro, e ao comezo do XIX as fábricas de louza e vidro. Existe máis información en paneis explicativos de Sargadelos.

Na actualidade, conta con dúas plantas de produción. Unha está situada no Castro de Samoedo, no concello de Sada (A Coruña), e outra en Sargadelos, no concello de Cervo (Lugo).
 


A existencia de minas de caolín foi decisiva para o establecemento de factorías cerámicas, das que era materia prima fundamental. Ademais, o caolín era exportado para a fabricación de importantes porcelanas.

Tamén favoreceu a implantación empresarial a riqueza arbórea do lugar, pola posibilidade do uso directo da madeira nos procesos industriais. Son destacables as fragas de Rúa e Trasbar.

A implantación da empresa ALCOA en San Ciprián suponlle ao Concello ingresos económicos importantes, xa que produce toda a alúmina e o aluminio privado que se fabrica en España, a metade dos laminados e boa parte dos extruídos. Para reforzar esta última área, algo máis frouxa que as anteriores, adquiriu unha planta de Reynolds en Izurzun (Navarra) e os seus almacéns. Desenvolve todas as aleacións de aluminio que utilizan os avións e as naves espaciais.

Cabe destacar na nosa industria outros sectores como o da acuicultura a través da empresa STOLT SEA FARM que en 2012 adquire as chamadas Acuidoro, unha granxa de rodaballos e Alrogal, un criadeiro de peixes planos ambas asentadas no Polígono Industrial de Cuiña ao igual que outro tipo de  empresas que completan este polígono.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa