PORTO DAS REAIS FÁBRICAS DE SARGADELOS PORTO DAS REAIS FÁBRICAS DE SARGADELOS

 

O porto viviu unha importante actividade a finais do século XVIII como vía de comercialización da industria de Sargadelos, primeiro como altos fornos e posteriormente como fábrica de cerámica. No libro Cerámica de Sargadelos, de Felipe Bello Piñeiro, pódese ler:

"Durante el período de la guerra de la independencia salieron del propio establecimiento 40 buques cargados de municiones. En el mismo período se asegura que cargaron en San Ciprián 1360 buques con municiones producidas en la fábrica..."

É tan estreita a relación entre a fábrica e o porto que mesmo poderiamos falar dunha certa simbiose entre eles. Paralelamente a esta actividade fabril, o porto de San Ciprián non abandonou a actividade pesqueira.

Este porto situábase na zona dos Campos e na zona de Figueiras, de aí que na actualidade sexa coñecida esta parte continental como "Porto de Abaixo", mentres que a illa se coñece como "Porto de Arriba"; hoxe ambas conforman o que se coñece como San Ciprián (Península da Paz).

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa