O RÍO XUNCO O RÍO XUNCO

Están relacionados co Río Xunco os seguintes bens naturais e patrimoniais:

  • Praia de Rueta
  • Ruta dos Muíños
  • Minicentral eléctrica
  • Paseo dos Namorados
  • Presa de Sargadelos
  • Fonte da Tella
  • Xardín Botánico (Monte Escarabelada) 
  •  

O Río Xunco nace nos Montes do Buio e os seus algo máis de 15 kilómetros percorren as parroquias de Rúa, San Román, Sargadelos e Cervo para finalmente desembocar na Enseada de Rueta. De curso rápido e escasa lonxitude. Ao longo da súa canle existen diversas construcións que aproveitaron a forza da auga e serviron para a produción de enerxía, a presa e a minicentral eléctrica.

Seguindo a beira do río chegamos á ruta dos muíños e a un camiño coñecido como Paseo dos Namorados.

A praia de Rueta está situada na desembocadura do río sendo unha das paraxes máis singulares da costa lucense. A unión do mar, o areal, a súa orografía repregada en si mesma e a presenza do Castro de Rueta fan deste enclave un dos máis admirables do Concello de Cervo.

Nas inmediacións do Paseo dos Namorados aparece a Fonte da Tella e o Xardín Botánico (Monte da Escarabelada),  onde o Concello está desenvolvendo o seu proxecto de reforestación con especies autóctonas.
 

Río Xunco na zona do Muíño (Cervo)

Río Xunco ao seu paso por “As Quintas” (Cervo)

 

Outro dos ríos importantes do noso concello é o Río Covo, que nace no mesmo lugar que o Xunco nas turbeiras do Pao da Vella, nos Montes de Buio. Este río que tamén posúe unha lonxitude similar ao Xunco, rega as terras de Trasbar, Castelo, Gondrás e o Guioncho ata acadar o mar no estuario a carón da praia do Torno, en San Ciprián.

Estes dous álveos, os máis importantes do termo municipal cervense, posúen, especialmente nos seus tramos altos, abondosa flora autóctona coma ameneiros, salgueiros, freixos, bidueiras,etcétera, asi como unha rica fauna composta de peixes coma as troitas e reos e de rás e píntegas. Ademais, tamén se pode ver nas súas augas londras e aves coma a lavandeira, garzas ou o merlo rieiro.
 

Río Cobo entrando no seu embalse (Castelo)

Río Cobo ao seu paso pola zona do Bao (Lieiro)

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa