CONSIDERACIÓN DOS RETORNADOS CONSIDERACIÓN DOS RETORNADOS

Aínda que a emigración na nosa zona caracterizábase polo seu compoñente definitivo, pese a isto, tamén houbo algún que outro emigrante retornado. Hai que ter en conta que a pesares da súa maior ou menor homoxeneidade ao partir cara a outra beira do Océano, os retornados constituíron un grupo moi heteroxéneo social e economicamente.

A volta (transitoria ou definitiva) dun indiano ou americano rico supuña todo un acontecemento para a veciñanza. O seu traxe branco, "pajilla", chaleque, leontina de ouro, habanos, etc. e a súa fala, un castelán tinguido de castrapos, abraiaba aos veciños.

Como en tantos outros lugares, os retornados cervenses que non chegaran a acadar o "título" de indiano pero que puideron facerse cun pequeno capital invertíano en mellorar ou edificar de novo a súa vivenda, en mercar terras ou en abrir unha tenda. Algúns dos que tiñan como profesión a de mariñeiro, unha vez reinstalados aportaron a súa experiencia foránea a unha determinada institución: o pósito de pescadores.

A parte destes, figura o tipo de americano máis ou menos acomodado, denominado comunmente "indiano" e no que se integran catro personaxes oriúndos do Concello de Cervo. Inclúense no estereotipo de americano ou indiano con fortuna, que xogaban un papel modernizador co que procuraban ante todo, un recoñecemento da súa nova posición social dentro da comunidade á que se reincorporaba. A esta procura de rentabilidade social e de recoñecemento por parte dos seus veciños e das elites tradicionais respostaban a grandiosidade das súas vivendas e a súa promoción de obras públicas. Neste último grupo incluímos aos nosos protagonistas: José Álvarez Fernández, Manuel Candia López, Jose María Fernández Montenegro e Emilio Rodríguez Eijo. Dentro desta calificación aínda se poden ter en conta outras variables que son o tempo emigrado, mobilidade social e participación política en América, mobilización política no lugar de orixe e accións políticas e cotiás concretas. Segundo estas novas variables podemos concluír que o tempo emigrado supera os vintecinco anos, cunha mobilidade social alta en América como rasgos habituais.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa