Hidrografía Hidrografía
Nas terras deste concello atópanse os nacementos dos ríos Xunco e Covo, que discorren por todo o municipio de sur a norte, ata desembocar na vertente cantábrica. O río Xunco nace nos Montes de Buio, cruza polo Val da Fionza e desemboca, tras 20 quilómetros de percorrido, en Rueta. O río Covo nace no Pao da Vella, un alto situado entre os lindes dos Concellos de Cervo, Xove, Viveiro e o Valadouro e fai de fronteira natural entre Xove e Cervo ata o lugar do Piago; tras un percorrido de 18 quilómetros que cruza as parroquias de Castelo e Lieiro, desemboca na vila de San Ciprián.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa