
O Concello de Cervo pertence á Mariña Lucense, a cal está separada da Meseta Lucense polas denominadas Serras Setentrionais, que fan de fronteira entre a zona galega e Asturias. Estas serras son as de Lourenzá, A Cadeira, Xistral, A Carba e Montes de Cabaleiros que, ao teren sido basculadas pola tectónica, deron lugar a fracturas en dirección nor-noroeste/sur-sureste polas que se encaixaron os ríos Sor (Concello de Viveiro), Landro (Viveiro), Moucide (Concello do Valadouro), Ouro (Concellos de Alfoz e do Valadouro), Masma (Concello de Mondoñedo) e Eo (Concello de Ribadeo).
A orografía do Concello de Cervo é practicamente chá na zona costeira e bastante accidentado cara ao sur, onde chegan as partes baixas da Serra de Buio.
As denominacións dos montes veciñais do Concello son as seguintes: Cabaleiro, Cadavecos e Picos, Chao de Lagorzas, Costa, Coto da Barroca, Cruces, Fonteda, Galles, Lagares, Lombo Gordo, Medela, O Castelo, Pedroso Novo, Pena do Castelo, Rañadoira, Ribeira, Rozada, Rozas Vellas, Salto e Sixto/s.
As maiores elevacións do concello son: | |
---|---|
Pau da Vella | 702 m |
O Buio | 418 m |
Pelobrinco | 477 m |
Pedroso Novo | 554 m |
Caída Auga Sargadelos