Parroquia de Sargadelos Parroquia de Sargadelos

A parroquia de Sargadelos é un lugar de visita obrigada, pois nela se atopa a fábrica de Cerámica de Sargadelos (de recoñecemento internacional) e os restos das antigas fábricas de fundición e louza, fundadas por Raimundo Ibáñez, marqués de Sargadelos. A nova industria de cerámica foi integrada mediante a súa arquitectura na paisaxe natural; esta nova instalación, os restos das antigas fábricas e o museo, onde se conservan valiosas mostras de cerámica nas súas distintas etapas, foron declarados Conxunto Histórico-Artístico.
No contorno deste conxunto pódense contemplar numerosas casas de arquitectura rural, como o Pazo da Administración e o Pazo do Marqués de Sargadelos (século XVIII), que actualmente pertence á familia Taladrid; a presa do río Xunco, cunha bonita fervenza; o Paseo dos Namorados e o Camiño Real, que vai dende Cervo ata as antigas fábricas.
Hai que sinalar finalmente, en relación con esta parroquia, as “Experiencias Cerámicas” que teñen lugar cada ano no mes de agosto. Esta iniciativa inclúe uns prestixiosos encontros internacionais nos que os seus participantes dedican un mes completo á investigación artística, todo isto nun marco idóneo para tal actividade: as instalacións da Cerámica de Sargadelos

CIFRAS:
Extensión: 2,35 Km2
Poboación: 125 habitantes.
ALDEAS:
A Fionza, A Louza, As Fábricas, As Quintas, Figueirido, O Paraño, O Rato e Sargadelos.
DE INTERESE:
Igrexa de Santiago e cemiterio (Sargadelos), capela de Figueirido, Conxunto Histórico (fábrica de Louza, casa do peso, vía de peaxe, cuarteis, pazo e xardíns de Ibáñez, casa rectoral, minicentral eléctrica, paseo dos namorados, presa e casa da administración) e fábrica da Cerámica de Sargadelos.

Vista de Sargadelos

Presa de Sargadelos

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa