CERVO - UN DESTINO PARA SENTIR
  • F�BRICAS DE SALAZ�N - ASERRADEIRO
  • FARO SAN CIPRI�N
  • MARUXAINA
  • PRAIA DO TORNO
  • PRESA DE SARGADELOS
  • Puente Medieval
  • Ria Sanci
  • RUINAS F�BRICA SALAZ�N
  • SURFISTAS - LIEIRO
Coñece Cervo Coñece Cervo

Cervo combina o sabor mariñeiro coa paisaxe rural do interior de Galicia. Conta con fermosas praias como as que flanquean a península de San Ciprián, ou como a de Rueta, que se atopa preto da capitalidade.

Os núcleos do interior presentan unha grande variedade paisaxística e contan cunha exuberante vexetación e unha fauna doméstica e salvaxe.

A capitalidade posúe un grande encanto, presidida pola Praza do Souto, circundada por fermosa arquitectura civil tradicional.

Pero se por algo destaca Cervo, é pola súa historia, que camiña da man dun dos proxectos empresariais máis antigos de Galicia: Sargadelos. Dende a súa época máis remota, na que funcionaba como fundición, ata o día de hoxe, un dos maiores produtores de cerámica de España.

A implantación da industria cerámica neste lugar non se debe ao azar, senón á riqueza natural en minas de caolín, materia prima fundamental para esta industria, á existencia de fragas, que facilitou o uso directo de madeira nos procesos industriais e ao mar, que favoreceu o transporte.

Sargadelos foi declarado Conxunto Histórico Artístico no ano 1972.

O valor do patrimonio do concello vai moito máis aló deste complexo industrial xa que conservamos o tesouro relixioso que nos deixaron os nosos devanceiros, un rico patrimonio relixioso resultante dunha pegada cristiá moi antiga e abondosa.

Pero cando falamos deste concello, hai que facer unha mención especial ao mar, tanto pola beleza da costa e das praias, como polo traballo que deu a boa parte dos seus habitantes, que dedicaron a súa vida á pesca, incluso da balea, a preparación de instrumentos para esas tarefas e a transformación dos alimentos, como ben podía ser nas antigas fábricas de salgadura. Este protagonismo marítimo lévao San Ciprián, vila onde se realizaba a construción de navíos grazas ás súas carpinterías de ribeira, conservando na actualidade unha das mesmas e a única que queda na provincia de Lugo, ou o porto pesqueiro onde nos séculos XIV e XV construíanse carabelas. O mar orixina mitos e lendas que conforman as festas do lugar, como pode ser A Maruxaina, declarada de Interese Turístico Galego, ao igual que a Queimada Popular de Cervo, que cada ano se basa nunha historia ou lenda distinta e na que o ben acaba trunfando sobre o mal, representado por bruxas, diaños, trasgos e demais figuras malignas do inferno.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa