HISTORIA E HISTORIAS DE CERVO HISTORIA E HISTORIAS DE CERVO

A ciencia que recolle as vivencias e acontecementos do noso concello soe pasar desapercibida tanto para nós como para os grandes entendidos do tema. Como migallas dun anaco de pan ó que ninguén fai moito caso por, aparentemente, non saber tan ben como as que un pode atopar na historia de Galicia, a historia de España ou dalgún episodio internacional que sempre remata por chamarnos máis a atención.

Fai isto, non obstante, a historia de Cervo menos importante? Ermelindo Portela, Catedrático xa xubilado da facultade de Historia en Santiago, dicía sempre nas clases que non. A Historia dun pequeno recuncho de Galicia non deixa de ser iso ó fin e ó cabo, Historia. Nin máis nin menos ca Europa ou os Estados Unidos. Ó mesmo tempo Ofelia Rey Castro, tamén profesora na USC, continúa motivando os seus alumnos afirmando que é a nosa responsabilidade coñecer e transmitir a nosa historia. Ó fin e ó cabo, ¡alguén o terá que facer!

 

Hai moitos episodios dos que podemos poñernos a falar. A fábrica do marqués de Sargadelos, as orixes da lenda da Maruxaina, os inicios da Historia de Cervo… teremos tempo de estudar e de amosar a realidade agochada neles, pero se pretendésemos comezar polo principio, se intentaramos ensinar ó mundo quen foron os primeiros homes e mulleres que camiñaron polas nosas terras, ¿tedes idea de cantos anos teriamos que retroceder?

 

A resposta resulta abraiante: ¡500.000 anos! Un tempo moi anterior ó Imperio Romano, ás Pirámides de Exipto... ¡incluso ó mesmo Homo Sapiens! Ó longo de diversos puntos do concello de Cervo, Mariña Patrimonio atopou probas en diversos lugares que demostran como humanos moi anteriores á nosa especie camiñaron polos mesmos recunchos do concello polos que camiñamos nós. Botémoslle unha ollada a algunha das cousas que podemos aprender nesta etapa tan anterior á nosa.

 

Adrián Cao,  Historiador - Bolseiro do Concello de Cervo 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa