
HORARIO
DE APERTURA AO PÚBLICO
MARTES: DE 8:00H A 15:00H
MÉRCORES: DE 15:00H A 20:00H
XOVES: DE 8:00H A 15:00H
¿ Que é un punto limpo?
Un punto limpo é unha instalación onde se recollen e almacenan temporalmente e de forma gratuíta os residuos domésticos que, polo seu gran volume ou perigosidade, non deben arroxarse na bolsa de lixo nin depositarse nos contedores da calle.
¿Que se pode levar a un punto limpo?
1. Aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE): electrodomésticos, ordenador, televisores, móbiles, lámpadas, etc… Estes aparatos, cada vez máis imprescindibles nas nosas vidas, convértense nun problema ambiental cando se converten en residuo xa que estes equipos teñen sustancias perigosas para o medio ambiente (como metais pesados: mercurio, chumbo…), de difícil eliminación ou incluso tóxicas.
2. Baterías e acumuladores de automóbil, de aparatos eléctricos, etc.
3. Cartuchos de impresora e tóner.
4. Chatarras e restos de metais como tixolas de cociña…
5. Elementos de iluminación: O Real Decreto 208/2005, que regula todo o relativo á xestión dos aparatos eléctricos e electrónicos unha vez finalizada a súa vida útil, recolle un listado de todas as lámpadas e luminarias que debemos reciclar:
* Lámpadas de baixo consumo
* Tubos fluorescentes
* Lámpadas de descarga
* LEDS retrofit
* Luminarias
* Rótulos luminosos
* Luminarias de emerxencia
É dicir, non se consideran dentro deste Real Decreto nin as lámpadas incandescentes (de filamento) ni las haloxenas.
6. Envases de produtos tóxicos do fogar: disolventes, pinturas, vernices, colas, líquidos fotográficos, insecticidas, etc.
7. Escombro: escombro de pequenas obras domésticas, chatarra, madeira, etc.
8. Pneumáticos.
9. Pilas: as pilas conteñen produtos altamente tóxicos coma o mercurio, o cadmio e o chumbo. Por tanto debemos ter en conta o risco que supón para o medio ambiente e para a saúde o depositar as pilas usadas co resto do lixo.
10. Vexetais: restos da sega e da poda, etc.
11. Voluminosos: mobles, colchóns, somiers, etc.
¿ Sabías que…?
No Punto Limpo de Cervo hai 28 contedores onde se separan os distintos residuos segundo a súa tipoloxía. Estes residuos son recollidos por xestores autorizados que os reciclarán e valorizarán ou ben daranlle un tratamento axeitado para garantir o coidado do medio ambiente.
Por iso, cada vez que depositas os teus residuos no Punto Limpo de Cervo, estás colaborando e protexendo o noso contorno natural, evitando vertedoiros incontrolados ou calquera dano ao medio ambiente.
Dirección: Polígono Industrial de Cuiña, Parcela S1
Horario: Martes e Jueves de 08:00 a 15:00
Coordenadas UTM: 627131 , 4838418
Teléfono: 982 557 777
Código NIMA: 2700075165