Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PREPARA UNHA NOVA EDICIÓN DO TRADICIONAL CURSO DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL

O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo venres, 27 de xaneiro

A rapazada de entre 6 e 16 anos formará de novo parte do Grupo Municipal de Teatro PimPim e presentarán as obras ensaiadas durante o curso

Foto dunha edición anterior

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, está a organizar a unha nova edición do obradoiro de teatro infantil.

Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, o taller está dirixido a rapaces de entre 6 e 16 anos que conformarán, un ano máis, o grupo de teatro municipal PimPim.

Desde este martes queda aberto o prazo de inscrición ata o próximo venres 27 de xaneiro.

O obradoiro impartirase no Auditorio da Casa da Cultura e o horario estará determinado en función do número de nenos e nenas inscritos. A partir do luns, 30 de xaneiro, informarase aos anotados por vía telefónica.

Caramés destacou “o gran éxito que tivo ano tras ano esta iniciativa que se viu condicionada ultimamente pola pandemia, pero que recuperamos agora con moita ilusión e enerxías renovadas”. Trátase dunha actividade –engadiu- “lúdico-didáctica coa que pretendemos que os pequenos da casa pasen un anaco divertido, ao tempo que van adquirindo habilidades de comunicación e vencendo o medo escénico, presente inicialmente en moitos casos”.

Ao remate do curso, o alumnado do obradoiro presentará ante o público os froitos do traballo realizado a través dunha obra orixinal e inédita que representarán no auditorio da Casa da Cultura.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa