Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO APOIA UNHA NOVA SONDAXE ARQUEOLÓXICA PROMOVIDA POR MARIÑA PATRIMONIO NUNHA PARCELA MUNICIPAL EN CUÍÑA

 O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Patrimonio, Dolores García Caramés, achégaronse ata esta finca onde puideron coñecer in situ, acompañados por Manuel Miranda, o alcance dos traballos que están a descubrir unha gran abundancia de restos cerámicos na zona

O Concello de Cervo, a través da delegación de Patrimonio, apoia nova sondaxe arqueolóxica promovida pola asociación Mariña Patrimonio nunha parcela municipal situada no Parque Empresarial de Cuíña.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Patrimonio, Dolores García Caramés, achegáronse ata a zona onde, da man de Manuel Miranda e dos técnicos do Gabinete de Arqueoloxía que se encargan do traballo, puideron coñecer in situ o alcance dos traballos.

A través desta prospección facilitada desde o Concello de Cervo tratan de identificar e contextualizar restos de cerámica achados na zona; e que tal e como apuntan, e logo dunha primeira toma de contacto, parece que son cuantiosos; co fin de “valorar a potencialidade e o interese arqueolóxico desta pacela”.

Villares e Caramés puxeron en valor o gran traballo que desempeña a asociación Mariña Patrimonio, cuxos achados contribúen a enriquecer e potenciar os nosos valores históricos; que é tamén un recoñecemento aos nosos antepasados.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa