Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO HABILITA AS ESCOLAS VELLAS DE SAN ROMÁN COMO CENTRO CULTURAL

O rexedor, e as edís de Cultura e Servizos Sociais, veñen de entregarlle as chaves dun dos locais acondicionados ao grupo local de recente creación Fol do Raxal, que o utilizarán como lugar de ensaio

O Concello de Cervo acondicionou unha parte das Escolas Vellas de San Román para destinalas a lugar de ensaio das diferentes agrupación locais.

O primeiro grupo que utilizará as instalacións, que están dispoñibles para todos os colectivos locais que as soliciten, será a asociación de recente creación Fol de Raxal, cuxos membros xa teñen á súa disposición a chave dun dos locais habilitados para ensaio dos colectivos culturais cervenses que o desexen.

O rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e a de Servizos Sociais, Pilar Armada, achégaronse ata as Escolas Vellas para amosarlles as instalacións e cederlles o local ao tempo que aproveitaron para darlles os parabéns polo nacemento de Fol do Raxal - cuxo nome responde a unha homenaxe ao barrio cervense no que comezaron a reunirse- e amosáronlles o agradecemento no nome do Concello  pola súa contribución  ao enriquecemento cultural de Cervo; “estamos desexando poder escoitarvos nalgunha das habituais foliadas que se celebran no municipio que estamos convencidos de que máis cedo que tarde se poderán ir retomando grazas á responsabilidade e ao esforzo conxunto”, apuntaron.

Co acondicionamento das Escolas Vellas de Cervo–explicaron- acadamos un dobre obxectivo “brindarlle aos diferentes colectivos un espazo adecuado para o desenvolvemento da súa actividade; ao tempo que lle damos unha nova vida a este edificio municipal tan emblemático con máis dun século de historia”.

A adecuación da vella escola de San Román -inaugurada no ano 1915- vai en consonancia coa filosofía que persegue este equipo de goberno, “pois buscamos, na medida do posible, que os diferentes espazos municipais teñan a súa utilidade, poñéndoos, ao servizo da veciñanza; ben de persoas emprendedoras como no caso dos locais habilitados en Sargadelos que conforman o Centro de Emprendemento; ben ao servizo de diferentes colectivos, como neste caso, que buscamos facilitar a actividade do tecido cultural local”.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa