Novas
« Atrás

29/03/2016. O Encontro de Palilleiras, qeu se celebra en San Ciprián este sábado, contará con máis de 700 participantes. O alcalde e os concelleiros de igualdade e de obras supervisaron a montaxe das instalacións para o evento no pavillón da Veiga

O décimo terceiro Encontro de Palilleiras, que se celebrará en San Ciprián este sábado, día 2 de abril, contará con máis de 700 participantes. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares; a concelleira de Igualdade, Pilar Armada; e o edil de Obras, Plácido Pérez, supervisaron os traballos de montaxe das instalacións para o evento no pavillón polideportivo da Veiga.
Pilar Armada destacou que “o número de participantes incrementouse ata chegar a máis de 700, polo que foi necesario retirar canastras e outros aparellos deportivos no pavillón da Veiga para que poida acoller a tanta xente, que virá palillar desde lugares como Gijón, a Costa da Morte, Xove, Burela, Ferrol, Begonte, Mieres, La Felguera, Ourense, Navia, Cedeira, A Coruña, Lugo, Carmariñas e, por suposto, de San Ciprián”.
En canto á carpa anexa ao pavillón para a venda de produtos de artesanía de labores, a edil de Igualdade comentou que “estará tamén a tope, porque haberá 43 postos que veñen desde Cantabria, Galicia, Asturias e Valencia. Tivemos peticións para instalar máis, pero non foi posible polo que lles pedimos desculpas aos que quedaron fóra nesta ocasión”.
Pilar Armada tamén anunciou que “a novidade este ano é a exhibición do proceso do liño a cargo de mulleres de San Bartolomeu de Insua, en Vilalba, que vai estar moi ben, e contaremos coa animación musical do grupo folclórico Airiños do Xunco. Ademais, como en edicións anteriores, as palilleiras visitarán a fábrica cerámica de Sargadelos, para o cal o Concello pon a súa disposición autobuses”.
A concelleira salientou que como consecuencia deste evento “a hostalería do municipio e dos concellos máis próximos a Cervo, como Xove e Burela, verase moi beneficiada pola gran cantidade de xente que atrae este encontro, porque ademais das palilleiras tamén virán acompañantes e visitantes”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa