
Enderezo:
Estrada de Río Covo s/n
27891 San Ciprián (Cervo – Lugo)
E-mail: Ceip.cervo.numero1 @edu.xunta.es
www.ceip.cervo.numero1 (En construcción)
Tipo de centro: PÚBLICO
Denominación oficial: CEIP Cervo nº 1
7º 26' 29.81''W
43º 41' 23.06''N
ANO DE ENTRADA EN FUNCIONAMENTO: Este centro foi creado o 23 de xullo de 2009 (DOG do 3 de agosto ) trala fusión dos antigos centros CEIP Mestre Rivera Casás e CEIP Galdín, aproveitando as instalacións do antigo CEIP Galdín.
O edificio data do 1984, ano de creación do antigo Ceip Galdín, sendo reformado e actualizado no ano 2005.
Ten en funcionamento 3 unidades de Educación Infantil (3, 4, e 5 anos ) e 6 de educación primaria (1º a 6º )
SERVIZOS:
Comedor.
Transporte Escolar: Dúas rutas.
Actividades extraescolares. Celébranse todas aquelas festas incluídas no Calendario escolar, destacando principalmente o Samaín, Nadal , Día da Paz, Entroido ou Día das Letras Galegas.
A festa de fin de curso é organizada pola ANPA.
Saídas: Fanse saídas pola zona e excursións dun día, por ciclos, así como a de fin de curso, de máis duración.
DEPENDENCIAS DO CENTRO EDUCATIVO:
- 1 sala de informática e multimedia.
- 3 encerados dixitais.
- Biblioteca (con 11.000 volúmes ahegados polos dous colexios trala fusión).
- Departamento de orientación (compartido co CEIP de Cervo).
- Aula de pedagoxía terapéutica.
- Xardín botánico (proxecto financiado por Alcoa).
- 1 local para actividades e xogos de educación infantil.
- 1 aula multiusos.
- 1 pavillón.
HORARIOS:
Horario escolar para o alumnado: De 9:30 a 13: 00 e de 15:10 a 16: 40 horas, de outubro a maio. Nos meses de setembro e xuño o horario é de 9:30 a 14:30 horas.
Horario de comedor: de 13:00 a 14:00
Hora de lecer despois do xantar: 14:00 a 15:10