Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PROGRAMA UNHA NOVA EDICIÓN DE "CERVO CONCILIA"

A iniciativa, dirixida ás crianzas de entre 3 e 12 anos, cubrirá todas as vacacións escolares, desde o 27 de xuño ata o 7 de setembro “co obxectivo de facilitar o máximo posible a conciliación das familias”

O prazo de inscrición, que se pode formalizar no Concello ou na Casa da Cultura, estará aberto ata o 25 de xuño

O Concello de Cervo programa unha nova edición de “Cervo Concilia”, unha iniciativa municipal máis que consolidada que pretende ser “esa ferramenta de axuda á conciliación das familias, en épocas nas que pode resultar complicado como é o verán”.

O programa está dirixido ás crianzas do municipio de entre 3 e 12 anos e desenvolverase desde o 27 de xuño ata o 7 de setembro “traballamos para buscar a fórmula que nos permitise cubrir o total das vacacións escolares, para beneficiar ao máximo ás familias e axudarlles na difícil tarefa de conciliar”, tal e como precisou o rexedor, Alfonso Villares.

Pola súa banda a edil de Educación, Dolores García Caramés, que coordina o programa, apuntou que xa está aberto o prazo de inscrición “que se poderá formalizar ata o 25 de xuño na Casa do Concello o una Casa da Cultura”.

Caramés avanzou algunhas das actividades que englobara “Cervo Concilia”, que volverá contar cun completo abano de propostas lúdico, culturais e educativas “pensadas para entreter ás crianzas, sen deixar de lado a aprendizaxe”. Así, haberá talleres de teatro, rutas de sendeirismo, actividades acuáticas, diferentes obradoiros, moito deporte; unha ampla variedade de actividades multidisciplinares “para gozar e aprender en grupo nesta época de lecer”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa