Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

As familias teñen ata o 21 de novembro -incluído- para presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello

O Concello de Cervo abre o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros e material escolar para as familias do alumnado de Educación Infantil (2º ciclo) dos dous centros do municipio nos que se imparte este ciclo educativo, o CEIP Península da Paz e o CEIP de Cervo.

A convocatoria permanecerá aberta ata o 21 de novembro –incluído-

O rexedor, Alfonso Villares, apuntou que “dispuxemos dunha partida orzamentaria de 8000 euros para estas axudas e cada escolar recibirá un máximo de 130 euros en función da renda familiar”.

Cada impreso de solicitude deberá ir acompañado das fotocopias do DNI dos membros da unidade familiar, unha fotocopia do libro de familia, certificado do nivel de renda e factura da compra ou orzamento do material adquirido nun establecemento comercial do municipio. A documentación ten que presentarse no Rexistro Xeral do Concello.

Os impresos e as bases están dispoñibles na Casa da Cultura e no Concello de Cervo e tamén no taboleiro de anuncios da páxina web municipal https://cervo.sedelectronica.es/board/.

Esta liña de axudas vén sumarse a outras que o Concello de Cervo convoca ano tras ano en beneficio das familias e da educación, como poden ser as axudas de transporte, para as que está aberto o prazo de solicitude tamén ata o 21 de novembro.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa