Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PROGRAMOU VISITAS ESCOLARES PARA DAR A COÑECER O ESTUDO ARQUEOLÓXICO DO CASTRO DE RUETA

Uns oitenta nenos/as do CEIP Península da Paz e do CEIP de Cervo coñeceron en primeira persoa a importancia dos traballos que realizan estes días desde o CSIC, promovidos por Mariña Patrimonio “a quen lle temos que agradecer esta oportunidade que nos permitirá achegarnos un pouquiño máis ao modo vida dos nosos antepasados”

A tenente alcalde Dolores García Caramés e o edil de Turismo, David  Rodríguez, acompañaron aos pequenos na actividade divulgativa dirixida polos arqueólogos David González e Jesús García

A Administración local limpou preto de 2 hectáreas de monte para facilitar a actuación “o que permite ver xa un perfil moi interesante do xacemento”

Esta tarde, ás 16:30 horas está prevista unha visita guiada aberta ao público

O Concello de Cervo programou para este mércores visitas escolares para dar a coñecer ao alumnado os pormenores do “interesante estudo arqueolóxico” que desde o CSIC están a realizar estes días no Castro de Rueta, promovido pola asociación Mariña Patrimonio.

Máis de 80 nenos/as do CEIP Península da Paz e do CEIP de Cervo, participaron na actividade divulgativa dirixida polos arqueólogos David González e Jesús García, acompañados pola tenente alcalde Dolores García Caramés e polo edil de Turismo, David Rodríguez, que quixeron agradecer unha vez máis a Mariña Patrimonio esta oportunidade “que nos permite achegarnos un pouquiño máis ao modo de vida dos nosos antepasados a través dunha investigación pioneira non invasiva nunha contorna excepcional”.

Para facer viable este traballo preliminar –explicaron- desde o Concello de Cervo mobilizamos todos os medios necesarios para despexar toda a contorna de vexetación “limpando, baixo a supervisión dos arqueólogos, preto de 2 hectáreas de monte” o que xa permite agora facernos unha idea, tal e como explicaron, do interesante perfil do castro e das súas características como sistema defensivo “dadas as boas condicións de preservación” deste xacemento “que é un lugar con historia en si mesmo, con moita tradición oral e que forma parte tamén da memoria colectiva”.

Esta tarde, ás 16:30 horas está prevista unha nova actividade divulgativa aberta ao público, á que convidamos a asistir desde o Concello “porque tal e como nos avanzaron os expertos, as excelentes condicións de preservación do castro fan que a súa historia e os traballos que se realizan in situ sexan sinxelos de entender para o público en xeral”

 

 

 

 

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa