Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CLAUSURA CON ÉXITO UNHA NOVA EDICIÓN DE CERVO CONCILIA NO NADAL

O programa, dirixido ás crianzas de entre 3 e 12 anos, deu comezo o 23 de decembro

Un centenar de nenos e nenas participaron en numerosas actividades lúdico-didácticas pensadas, principalmente, para axudar ás familias durante as vacacións escolares

O Concello de Cervo deu por finalizada este xoves unha nova edición do programa Cervo Concilia polo Nadal, que deu comezo o 23 de decembro e que se prolongou durante todas as vacacións escolares “co fin de contribuír o máximo posible á conciliación das familias nestas datas”.

O programa Cervo Concilia, que xa é un clásico do municipio, quixo achegar ás familias un ambiente de tranquilidade e entretemento para os máis pequenos da casa durante o Nadal.

Un centenar de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos desfrutaron dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para a diversión e o aprendizaxe. A temática do Nadal formou parte de varias das actividades levadas a cabo nas catro clases do programa, como foron o tren infantil ou o ensaio das badaladas de ano novo. As crianzas tamén puideron desfrutar da colchoneta Tubby, o Lásertag e outros moitos xogos e pasatempos, así como todo tipo de actividades educativas.

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de educación, Dolores García Caramés achegáronse á escola infantil para entregar un agasallo aos nenos neste último día. Ademais, agradecen ás familias a confianza depositada en Cervo Concilia e a implicación dos oito monitores e monitoras “pola súa entrega e dedicación no programa nestas datas”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa