Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO FIXO ENTREGA DAS AXUDAS PARA AS ANPAS DOS CENTROS ESCOLARES DO MUNICIPIO

Forman parte dunha partida orzamentaria de 7500 euros a repartir entre as ANPAS e os centros escolares do municipio

 

O Concello de Cervo concede de novo as axudas dirixidas ás ANPAS dos distintos centros escolares do municipio. Así, o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, fixeron entrega das contías correspondentes ás ANPAS do CEIP de Cervo, o CEIP Península da Paz e o IES Marqués de Sargadelos.

Tal e como sinalou o alcalde, Alfonso Villares, “con esta liña de axudas pretendemos brindar un apoio económico para que as asociacións de pais e nais poidan facer fronte aos seus gastos de funcionamento, e así poder contribuír no fomento de actividades educativas e lúdico-culturais que buscan reforzar o progreso formativo do alumnado”.

Esta liña de axudas, que supón 1250 euros para cada ANPA, complementa outras que dirixe o Concello de Cervo á comunidade educativa, como as axudas para material escolar, para o transporte do alumnado que estuda fóra do termo municipal; ou as colaboracións que durante todo o curso ofrece a administración local para todo tipo de actividades do eido educativo.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa