Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO FIXO ENTREGA DAS AXUDAS AOS CENTROS ESCOLARES DO MUNICIPIO

Forman parte dunha partida orzamentaria de 7500 euros a repartir entre as institucións educativas e as ANPAS

O rexedor Alfonso Villares e a edil de Educación, Dolores García Caramés, mantiveron un encontro cos directores dos tres centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz e IES Marqués de Sargadelos- para facerlles entrega dos cheques coas axudas que o Concello de Cervo reserva cada ano no seu orzamento para a comunidade educativa.

Tal e como sinalou Villares, con estas axudas que complementan o apoio que prestamos durante todo o curso escolar,  pretendemos brindar un aporte económico aos centros para contribuír nos seus gastos de funcionamento. Esta aportación pretende ser unha axuda -engadiu- para o desenvolvemento das múltiples actividades que programan durante o ano que favorecen o progreso educativo do alumnado.

Villares tamén recorda que “estas axudas forman parte dunha partida orzamentaria de 7.500 euros que o Concello dirixe á comunidade educativa do municipio –neste caso aos centros e ás ANPAS-, que se suman a outras en marcha neste eido como as axudas para transporte e a adquisición de libros e material escolar”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa