Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CLAUSUROU UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA ENREDOS DE VERÁN NO QUE PARTICIPARON CASE 200 NENOS

As instalacións deportivas da Veiga foron o escenario da Festa Final, cun circuíto de colchonetas  e unha xinkana ao estilo wipeout.

O Concello de Cervo vén de clausurar unha nova edición do programa Enredos de Verán que se desenvolveu ao longo dos meses de xullo e agosto, no que participaron casi 200 nenos.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Educación e Xuventude, Dolores García Caramés, acompañaron aos rapaces na Gran Festa Final que tivo lugar nas instalacións deportivas da Veiga.

Os nenos e nenas gozaron dunha xornada de diversión, con un circuíto de colchonetas e unha xinkana ao estilo wipeout, entre outras actividades.

Os Enredos estiveron dirixidos aos rapaces de entre 3 e 12 anos que puideron desfrutar de actividades ben diferentes como skate, xornadas de medio ambiente, rutas en kaiak, surf, un circuíto de seguridade viaria, talleres de fotografía, bádminton, xogos populares, talleres de maxia, teatro…

Tal e como subliñou Villares “con esta ampla e diversificada programación tentamos cumprir dous obxectivos, por unha banda facerlle aos nenos o verán máis atractivo e ameno cunha oferta lúdico-deportiva variada e completa; como cremos que así foi; ao tempo que lles brindamos ás familias unha ferramenta de conciliación nestes meses estivais”.

Caramés pola súa banda apuntou que “foi unha edición que tivo moito éxito, cunha gran participación e implicación por parte de todos os rapaces que se sumaron ao completo programa que deseñamos. Cremos que temos unha serie de actividades diferentes e atractivas para que os nenos e nenas poidan desfrutar dun verán diferente á par que divertido”

Coa clausura dos Enredos de Verán remata a axenda lúdico-deportiva que programou o Concello de Cervo durante este verán: As Noites Alternativas (nas que participaron máis de 1000 persoas); Repasando en Verán, Xuventude no Verán, e os propios Enredos.

 

         

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa