Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO VÉN DE CLAUSURAR O PROGRAMA CERVO CONCILIA NO QUE PARTICIPARON 26 NENOS E NENAS DO MUNICIPIO

Á festa final, que tivo lugar na Casa do Mar, asistiron o rexedor e a edil de Educación

O Concello de Cervo vén de clausurar o programa Cervo Concilia no que participaron 26 nenos e nenas do municipio.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, acompañaron aos nenos e nenas e ás súas familias na festa final que tivo lugar na Casa do Mar.

Tal e como apuntou Villares “foi a primeira edición deste programa específico de conciliación e estamos moi satisfeitos coa gran acollida que tivo”; cremos que se cumpriu o obxectivo co que naceu este programa –engadiu- que non era outro que o de “brindarlles ás familias unha ferramenta coa que contribuír a conciliar a vida laboral co coidado dos seus pequenos e pequenas”.

Caramés recordou que “a iniciativa  comprendeu unha completa axenda de actividades dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos; e prolongouse durante os meses de xullo e agosto, en horario intensivo, de luns a venres, de 9:00 a 14:30 horas”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa