Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REPITE COMO ESCENARIO DA SEMANA DA PREVENCIÓN DE INCENDIOS QUE TERÁ LUGAR O 24, 25 E 26 DE SETEMBRO

Trátase dunha iniciativa dirixida fundamentalmente á comunidade educativa, promovida en colaboración coa Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB), que conta tamén coa colaboración de Alcoa

O Concello de Cervo será, por segundo ano consecutivo, escenario da Semana de Prevención de Incendios que terá lugar no Pavillón da Veiga, en San Ciprián, o 24, 25 e 26 de setembro.

Trátase dunha actividade didáctica aberta a todo o público pero dirixida fundamentalmente ao alumnado dos colexios do municipio e de toda a comarca da Mariña, co obxectivo de que “aprendan a identificar os riscos que poden presentarse na súa contorna e adquiran os coñecementos necesarios para poder actuar en caso de emerxencia”, tal e como apuntou o rexedor, Alfonso Villares.

A iniciativa está promovida un ano máis en colaboración coa Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB), e conta tamén coa colaboración de Alcoa.

Desde o Concello de Cervo xa se remitiu unha invitación por escrito a todos os centros educativos da Comarca agardando que se despracen eses días a Cervo. A data escollida non é casualidade, de feito aproveitase o inicio do curso escolar para que os pequenos e pequenas adquiran desde o minuto un hábitos preventivos converténdose á vez en educadores da súa contorna familiar.

Recordamos que na pasada edición foron máis de 800 os escolares de toda a Mariña que participaron nas xornadas de prevención.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa