Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ORGANIZA UNHA ANDAINA POPULAR E UNHA MESA REDONDA POLO DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA

O venres 19, ás 18.00 horas, terá lugar na Casa da Cultura unha charla na que participarán o fisioterapeuta Aladino Fernández e a psicóloga da AECC, Carmen Rubiños

  • O domingo 21 ás 17:30 horas será a camiñata; o punto de encontro é o Peirao de San Ciprián; a continuación, na Casa do Mar, haberá unha clase de zumba aberta ao público

O Concello de Cervo, a través da delegación de Sanidade que dirixe Mali Méndez, organiza diversas actividades con motivo do Día Mundial contra o Cancro de mama, que ten lugar cada 19 de outubro.

Méndez explicou que o venres terá lugar unha mesa redonda na Casa da Cultura, ás 18:00 horas, na que participarán o fisioterapeuta Aladino Fernández e a psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na zona da Mariña, Carmen Rubiños.

O domingo, 21 de outubro, terá lugar unha andaina popular. Será ás 17:30 horas e o punto de encontro é o peirao de San Ciprián. A continuación haberá unha clase de zumba aberta a todo o público na Casa do Mar.

As persoas participantes nas actividades poden aportar o seu donativo para a loita contra esta enfermidade dirixido á Asociación Española contra o Cancro.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa