Novas
« Atrás

O CONCELLO E O CEIP DE CERVO ULTIMAN DETALLES ANTE A INMINENTE CHEGADA DO ALUMNADO DO ERASMUS +

Os 18 escolares e 14 docentes procedentes de Lituania, Polonia, Portugal, Grecia, Turquía e Romanía serán recibidos o luns, ás 10:00 horas, na Casa Consistorial

  • Na visita ao centro, a edil de Educación e o de Obras, puideron ver as obras de mellora que a Xunta de Galicia vén de realizar na biblioteca nas que se investiron 9.000 euros

 

O edil de Obras, Plácido Pérez, e a de Educación, Dolores García Caramés, mantiveron esta mañá un encontro de traballo con membros do corpo directivo do CEIP de Cervo, para perfilar os detalles ante a inminente visita dos 18 escolares e 14 docentes do programa Erasmus+, no que está integrado o centro local.

Na visita, Pérez e Caramés atenderon as demandas que plantexaron; necesidades como a instalación de puntos de luz, tomas de corrente e enchufes que se vai levar a cabo nestes días.

Ademais, acompañados pola secretaria do CEIP de Cervo, Cristina Rodríguez, puideron ver o resultado das obras de mellora da biblioteca que subvencionou a Consellería de Educación, e que supuxeron un investimento de 9.000 euros. Desde o Concello quixeron agradecer á Xunta de Galicia tanto esta inversión, como todas as que veñen realizando periodicamente nos diferentes centros de ensino do  municipio “que contribúen a mellorar a calidade dese piar que é a educación”.

A biblioteca trasladouse á planta baixa do edificio, que se reestruturou co derrube de varios tabiques co que se conseguiu un espazo amplo, luminoso, confortable e máis operativo para o alumnado e o corpo docente.   

Programa Erasmus +

O CEIP de Cervo será o anfitrión deste programa a vindeira semana, cando recibirá a visita de 18 alumnos e 14 docentes, procedentes de 6 centros de diferentes países europeos –Polonia, Portugal, Grecia, Turquía, Lituania e Romanía-.

A comitiva será recibida na Casa do Concello o luns 22 de outubro e tamén se programaron diferentes excursións e actividades lúdico-culturais “para as que contan con todo o apoio, implicación e colaboración do Concello”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa