Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DO CEIP PENÍNSULA DA PAZ

Os modelos adoptados polos dous centros de infantil e primaria da localidade son diferentes, o que fai que os tempos de cada convocatoria sexan dispares; unha a comezos de curso, e outra, a de Cervo, ao remat

As familias teñen ata o 13 de novembro para presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello

 

O Concello de Cervo abre o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros e material escolar para as familias do alumnado de Educación Infantil (2º ciclo) do CEIP Península da Paz

A convocatoria permanecerá aberta ata o 13 de novembro.

O rexedor, Alfonso Villares, apuntou que “dispuxemos dunha partida orzamentaria de 4000 euros para estas axudas e cada escolar recibirá un máximo de 130 euros, en función da renda familiar”.

A edil de Educación, Dolores Gacía Caramés, apuntou, pola súa banda, que o motivo polo que agora só se abre a convocatoria do CEIP de San Ciprián, ten que ver cos diferentes modelos de xestión de material adoptados por un e outro centro de primaria do municipio; no CEIP de Cervo este trámite lévase a cabo a finais de curso”.

Cada impreso de solicitude deberá ir acompañado das fotocopias do DNI dos membros da unidade familiar, unha fotocopia do libro de familia, certificado do nivel de renda e factura da compra ou orzamento do material adquirido nun establecemento comercial do municipio. A documentación ten que presentarse no Rexistro Xeral do Concello.

Os impresos están dispoñibles para a súa descarga no taboleiro de anuncios da web municipal www.concellodecervo.com.

Estas axudas veñen sumarse a outras que desde o Concello de Cervo se reservan cada ano en beneficio das familias e da educación, como son as axudas de transporte, ás ANPAS e aos diferentes centros escolares do municipio.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa