Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CELEBRA O DÍA MUNDIAL DAS BIBLIOTECAS AGASALLANDO LIBROS AOS MÁIS PEQUENOS

A edil de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, achegouse esta mañá ata os colexios do municipio e entregoulle aos pequenos do primeiro curso de infantil o conto personalizado “Os Bolechas van a Cervo”

  • Con motivo desta efeméride, o venres, ás 19:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura, o contacontos Caxoto ofrecerá aos pequenos un dos seus espectáculosAs bibliotecas de Cervo e San Ciprián teñen a día de hoxe máis de 700 socios

O Concello de Cervo celebra o Día Mundial das Biblioteca agasallando libros aos máis pequenos.

Deste xeito, a edil de Educación e Cultura, Dolores García Caramés, achegouse ata os dous colexios do municipio para entregarlles aos pequenos do primeiro curso de infantil o libro personalizado “Os bolechas van a Cervo”; e animou ao alumnado a que, se aínda non o teñen, fagan o seu carné infantil, para retirar todo tipo de libros de balde das bibliotecas municipais.

Con motivo desta efeméride, este venres, ás 19:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura, Felipe Díaz Caxoto, da Trastenda dos contos, ofrecerá aos pequenos e pequenas o seu espectáculo “un libro baixo a almofada”.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares destacou neste día a importancia de adquirir os hábitos de lectura desde as idades máis temperás, “porque os libros son unha fonte de riqueza cultural e didáctica fundamental para o desenvolvemento persoal que proporcionan ferramentas para coñecer e interpretar mellor e de xeito autónomo a nosa contorna social”.

O arquivo bibliográfico do Concello conta con máis de 15.000 volumes, entre as bibliotecas de San Ciprián e Cervo, que a día de hoxe superan os 700 socios.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa