Novas
« Atrás

XA SE PODEN SOLICITAR AS AXUDAS PARA O TRANSPORTE ESCOLAR QUE O CONCELLO DE CERVO PROPORCIONA A TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS QUE CURSEN ESTUDOS FÓRA DO TERMO MUNICIPAL

Mantense a contía de 250 euros para cada alumno ou alumna que fora incrementada o ano pasado en 50 euros

  • Os beneficiarios terán que cumprir os requisitos establecidos nas bases e presentar a documentación no Rexistro Xeral da Casa do Concello
  •  
  • Villares sinalou que o obxectivo do Concello é “botarlle unha man ás familias na educación dos seus fillos e contribuír a que exista igualdade de oportunidades”

O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación, convoca axudas para o transporte daqueles alumnos que cursan estudos fóra do termo municipal; sempre que se trate de formación ou titulacións que non se impartan en ningún centro do Concello.

Os estudantes terán que cumprir os requisitos establecidos nas bases e presentar a documentación no Rexistro Xeral da Casa do Concello.

Tal e como sinalou o rexedor, Alfonso Villares, “trátase dunha subvención financiada ao 100% con fondos municipais, e é unha forma de aportar o noso graniño de area á formación e eduación dos nosos mozos e mozas”.

O obxectivo non é outro que o de “brindar apoio ás familias, porque somos conscientes do gran esforzo económico que supón para moitas delas a educación dos seus fillos, e contribuír, así mesmo, a que exista igualdade de oportunidades”.

Entre os requisitos, por exemplo, teranse en conta os ingresos económicos da unidade familiar, que deberá estar empadroada no Concello de Cervo; e o alumno deberá ser menor de 30 anos.

Ademais, o solicitante ten que cursar algunha destas titulacións fora do municipio: Ensinanzas universitarias, estudos musicais en conservatorios e escolas de música, Bacharelato (nalgunha das modalidades que non se imparten no Concello de Cervo), ou calquera das seguintes ensinanzas en grao medio ou superior, como son FP, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ou deportivas.

Documentación

En canto á documentación a presentar, deberase entregar no Rexistro do Concello fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar maiores de idade, fotocopia do libro de familia, autorización de todos os membros computables para obter información das diferentes administracións, copia cotexada do boletín de cualificacións ou certificación expedida polo centro educativo no curso 2017-2018 e, en caso de discapacidade ou dependencia, certificado emitido polo organismo oficial correspondente.

Aquelas persoas que desexen máis información ao respecto poden achegarse ás oficinas municipais.

Os impresos están dispoñibles para a súa descarga no taboleiro de anuncios da web municipal www.concellodecervo.com.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa