Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INFORMOU Á ANPA E A DIRECCIÓN DO CEIP DE CERVO DO PROXECTO DE MELLORA INTEGRAL DO CENTRO, NO QUE EDUCACIÓN INVESTIRÁ 1 MILLÓN DE EUROS

O alcalde, Alfonso Villares, o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, mantiveron un encontro cos representantes da Comunidade Educativa para explicarlles a actuación que foi demandada polo Administración local, e que, previsiblemente, se executará durante as vacacións de verán

O Concello de Cervo vén de recibir da Xunta de Galicia a solicitude de licenza municipal para executar unha obra de reforma integral e mellora da eficiencia enerxética do CEIP de Cervo que suporá un investimento superior ao millón de euros (1.057.127 euros).

O alcalde, Alfonso Villares, o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, informaron este mediodía á ANPA e á dirección do centro do proxecto, que, previsiblemente, se executará durante as vacacións de verán.

Villares explicou que desde o Concello tentaremos axilizar ao máximo os trámites para poder levar adiante esta importantísima actuación canto antes, coa que se conseguirá un centro moderno e cunha instalacións totalmente renovadas.

O rexedor tamén quixo agradecerlle á Xunta de Galicia que atendese con tanta premura a solicitude do Concello, contemplando esta renovación integral do centro, que se inaugurou no ano 1983, para a que mobiliza unha gran cantidade de diñeiro público, en beneficio do conxunto da Comunidade Educativa.

En concreto, actuarase na carpintería exterior e interior (fiestras, portas, persianas), mellorarase o illamento das fachadas e executaranse traballos de albanelería; substituiranse as luminarias existentes por outras de baixo consumo e tecnoloxía LED. Ademais, están previstos traballos xerais de acondicionamento interior (falsos teitos, reparación de tabiques, pintado de aulas, novo sistema eléctrico). O proxecto tamén inclúe a instalación dun ascensor (ata o de agora non había) co que se incidirá na mellora da accesibilidade,  reformas na instalación de climatización e a renovación dos aseos (pavimento antiescorregadizo con baldosa porcelánica, billas e aparatos); entre outras actuacións.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa