Escola Infantil Escola Infantil

 A Escola Infantil Municipal de Cervo sitúase na planta baixa da Casa do Mar de San Ciprián na cal podemos atopar tamén diferentes dependencias que son empregadas para diferentes actividades de carácter social así como ao uso das asociacións veciñais.

Esta é de titularidade municipal dependente e xestionada dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cervo e está financiada ou subvencionada pola Vicepresidencia de Igualdade e Benestar.

No ano 2018 foi ampliada cunha nova aula mixta, o que permitiu incrementar a capacidade do centro en 15 prazas, pasado de 39 a 54.

As Escolas Infantís defínense como aqueles equipamentos diurnos de carácter educativo e asitencial, dirixidos ao sector infantil da poboación de ata 3 anos de idade, que teñen por obxecto o desenvolvemento harmónico e integral dos/das nenos/as, realizando ademais un importante labor de apoio á función educativa da propia familia á vez que facilitan o acceso dos pais ao mundo laboral.

A escola infantil ten como obxecto o de prestar atención e coidado continuado aos/ás nenos/as de entre 3 meses e 3 anos de idade ou ata que inicien o 2º Ciclo de Educación Infantil sen distinción de sexos entre os seus usuarios. A finalidade prioritaria de desenvolver a atención educativa e asistencial establecida para este tramo de idade. Polo tanto, o exercicio que se leva a cabo na Escola Infantil  de cervo corresponde ao 1º Ciclo de Educación Infantil.

A Escola Infantil de Cervo ten habilitadas as seguintes prazas:

 Grupos      Unidades


Número máximo denenos/as
por unidade e adultos/as

 Menores de 1 ano            1            8
 De 1 a 2 anos 1 13
 De 2 a  3 anos 1 17
 Interlineal (xornada tarde) 1 20

 

Outros servizos que oferta o centro son:

- Servizo de cociña

- Servizo de horario amplo

 Denominación do centro: ESCOLA INFANTIL DE CERVO

Tipoloxía do centro: CENTRO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

Área: INFANCIA

Enderezo: AVDA DA MARIÑA, 1.  C.P: 27890  Localidade: SAN CIPRIÁN   Provincia: LUGO 

 43º 41´38,21´´N 7º 26´35,97´´ W

Teléfono: 982 594 100

Correo electrónico: escolainfantil@concellodecervo.com

Ligazóns

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa