
A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Cervo presta un servizo gratuíto de información e asesoramento a desempregados, emprendedores e empresarios.
O obxectivo xeral do técnico local de emprego é colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial e a inserción laboral.
As actividades que se realizan e os servizos que se prestan son os seguintes:
- Servizos de fomento do emprego e de inserción laboral
- Servizo de información laboral, proporcionando información de interese sobre o mercado laboral.
- Servizo de intermediación laboral con dispoñibilidade de Bolsa de Emprego.
- Servizo de orientación e asesoramento laboral.
- Servizo de formación para o emprego, que ten como obxectivo prioritario a mellora da cualificación e das posibilidades de empregabilidade dos seus destinatarios. Neste senso, póñense en marcha diversos programas de emprego e formación tales como os cursos AFD e os obradoiros de emprego subvencionados pola Consellería de Traballo.
- Servizos de apoio ao autoemprego
- Accións destinadas a fomentar a cultura emprendedora.
- Servizo de asesoramento, que proporciona apoio no proceso de realización do plan de empresa e a análise da súa viabilidade técnica, comercial, económica e financeira.
- Servizo de tramitación, que consiste en dar apoio á xestión das tarefas necesarias para a realización dos trámites de constitución e posta en marcha.
- Servizo de información e tramitación sobre axudas e subvencións ás que poidan ter dereito os emprendedores.
- Servizo de apoio á empresa
- Servizo de acompañamento técnico aos promotores/as nas primeiras etapas do funcionamento.
- Servizo de asesoramento en materia de axudas e subvencións á contratación, ampliacións de capital, mellora competitiva…
- Servizo de colaboración na formación empresarial encamiñada a mellorar as competencias persoais no ámbito das habilidades directivas e da xestión empresarial en xeral.
- Servizo de apoio á cooperación, que consiste en promover e facilitar a colaboración entre as empresas do territorio no marco dunha estratexia de competitividade conxunta.
- Servizo de asesoramento para a contratación que ten como obxectivo facilitar os procesos de contratación de persoal ás empresas.
Ligazóns de interese:
http://www.autonomosgalicia.org/