Emprego
« Atrás
O CONCELLO DE CERVO PON A DISPOSICIÓN DAS PERSOAS EMPRENDEDORAS O LOCAL DA CAFETERÍA DO CLUB DEPORTIVO DE RÍO COBO
O CONCELLO DE CERVO PON A DISPOSICIÓN DAS PERSOAS EMPRENDEDORAS O LOCAL DA CAFETERÍA DO CLUB DEPORTIVO DE RÍO COBO
Seguindo a filosofía dos locais do Centro de Emprendemento de Sargadelos habilitados na Antiga Nave de Fundición e nas Antigas Cabalerizas; as persoas interesadas terán que asumir, tamén neste caso, un custe simbólico, xa que, en función da valoración do proxecto presentado, o canon anual fixado poderá estar bonificado ata un 90%
O que persegue o equipo de goberno con esta nova proposta é darlle vida aos diferentes espazos de xestión municipal; buscando neste caso tamén unha dinamización da contorna de Río Cobo
O prazo para presentar as ofertas está aberto ata o 19 de abril, e as persoas interesadas poden consultar o prego de cláusulas que regularán o concurso na páxina web municipal.