Emprego
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ACOLLEU A PRESENTACIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO "SENDAS DE BURELA, CERVO E XOVE V" NO QUE SE FORMARÁN 20 PERSOAS DESEMPREGADAS NAS MATERIAS DE XARDINERÍA E PINTURA

O curso comezará o luns, 29 de outubro, e prolongarase durante 9 meses

  • Está subvencionado pola Xunta de Galicia cunha aportación de preto de 300.000 euros
  •  
  • Villares puxo en valor “a importancia da colaboración institucional que nos permite levar adiante este taller que favorece a empregabilidade de veciños e veciñas dos nosos municipios; que ao tempo fan unha importante labor á Comunidade ao aplicar os coñecementos adquiridos en beneficio e mellora de instalacións e espazos públicos”

 

O Concello de Cervo acolleu esta mañá a presentación do obradoiro de emprego “Sendas de Burela, Cervo e Xove V” no que se formarán, a partir dos luns, 29 de outubro e durante 9 meses, 20 persoas desempregadas.

No acto, ao que asistiu o conxunto do alumnado e o corpo docente, participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o de Xove, Demetrio Salgueiro, o de Burela Alfredo Llano, ademais do director do Obradoiro, Tomás Rodríguez.

O Concello de Cervo promove neste ocasión este taller compartido subvencionado pola Xunta de Galicia cunha aportación de 288.807 euros.

O obradoiro contará con 7 alumnos en Cervo e 7 en Burela, que se formarán en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e mantemento de zonas verdes; e 6 en Xove que recibirán nocións sobre operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción.

Na presentación o rexedor cervense destacou a importancia que ten neste caso a colaboración institucional que “nos permite impulsar, grazas á inversión da Xunta de Galicia, este tipo de programas que contribúen enormemente a mellorar a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación teórico-práctica de calidade da man de profesionais cualificados”.

Villares alentou ao alumnado a que aproveite ao máximo esta oportunidade, “que lles permitirá reforzar os seus coñecementos, e adquirir novas competencias en oficios que teñen unha gran proxección práctica nas nosas zonas; unha formación que pode impulsar tamén o emprendemento ao facilitarlles as ferramentas coas que poderían iniciar os seus propios proxectos”.

Ademais de favorecer a inserción laboral –engadiu o rexedor- os participantes fan un importantísimo labor nos nosos termos municipais, como vimos vendo en edicións pasadas, “xa que desenvolven diferentes tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas; das que toda a veciñanza pode desfrutar”.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa