Emprego
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONVIDA DE NOVO AO PERSOAL MUNICIPAL A SUMARSE ESTE VENRES Á CONCENTRACIÓN PROMOVIDA POLO COMITÉ DE EMPRESA DE ALCOA NA ENTRADA DA FÁBRICA PARA REIVINDICAR UN PREZO DA ENERXÍA COMPETITIVO QUE GARANTA A PERMANENCIA DA EMPRESA DO ALUMINIO NA NOSA ZONA

Unha semana máis, os servizos que presta a Administración local pecharán ás 13:30 horas; agás a Escola Infantil Municipal, como prestación esencial para a conciliación familiar

  • Villares volve remarcar a importancia capital de visibilizar a situación e mobilizar ao máximo número de xente, para urxir ao Goberno central unha solución “que ten que chegar xa”

O Concello de Cervo convida ao persoal municipal a sumarse por segunda semana consecutiva á concentración promovida polo Comité de Empresa de Alcoa que terá lugar mañá venres, 4 de outubro, na entrada da fábrica, entre as 14:00 e as 14:30 horas “co obxectivo de reivindicar un prezo da enerxía competitivo que garanta o emprego e a permanencia a empresa do aluminio na nosa zona”.

Tal e como explicou o rexedor, Alfonso Villares, reunimos de novo ao Comité de Empresa do Concello para “convidar aos empregados a que se sumen unha semana máis a esta protesta, pechando  mañá os servizos que presta a Administración local ás 13:30 horas, agás o da Escola Infantil Municipal, como prestación esencial para favorecer a conciliación familiar”.

Villares insistiu na importancia de visibilizar o noso problema, “todos os mariñáns temos que ser conscientes de que o posible peche de Alcoa nos afectaría a todos, absolutamente a todos dun xeito irreversible; polo que temos que botar man de todas as armas que temos ao noso alcance para tentar evitar ese abismo ao que se pode asomar a nosa zona”.

O rexedor fixo fincapé na idea de que estas mobilizacións non teñen siglas, son un chamamento para que toda unha Comarca berre ao unísono “para facernos escoitar e que Goberno central nos dea xa unha solución a esta grave situación”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa