Emprego
« Atrás

02/06/2016. O Concello de Cervo aprobou en pleno a súa inclusión na agrupación Terras de Miranda, que xestionará fondos de AGADER, e unha declaración institucional de apoio aos postos de traballo da factoría ALCOA

O Concello de Cervo aprobou no pleno ordinario da corporación celebrado onte a súa inclusión na agrupación de Terras de Miranda, que xestionará fondos de AGADER ata o ano 2020. A corporación cervense aprobou tamén por unanimidade unha declaración institucional de apoio aos postos de traballo da factoría ALCOA.
O alcalde, Alfonso Villares, explicou que “o primeiro foi sortear as persoas que van formar parte das mesas electorais para estas próximas eleccións do 26 de xuño”.
O rexedor cervense salientou que “había outros asuntos importantes na orde do día, un deles era a inclusión do Concello de Cervo na agrupación Terras de Miranda, que vai ser a que xestione os fondos AGADER ata o ano 2020 e foi aprobado coa unanimidade dos grupos”.
Villares engadiu que “tamén foi aprobada por unanimidade dos grupos unha declaración institucional do Concello de Cervo a favor dos postos de traballo de ALCOA e da permanencia desta empresa na nosa zona. É unha declaración onde prima que o Concello de Cervo vai apoiar todas aquelas decisións que supoñan maior inversión na nosa zona por parte desta empresa e que todo canto agora mesmo se está a falar das posibilidades que a empresa quere expor no futuro non redunden nunha perda nin dos postos de traballo nin das condicións dos que hai na actualidade. Con esta declaración o que imos pedir ás distintas administracións é que estean tutelando e vixiando este proceso do que se está agora mesmo a falar”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa