Emprego
« Atrás

A DELEGACIÓN DE XUVENTUDE PON EN MARCHA O PROGRAMA AVÍVATE EN CERVO PARA RAPACES DE ENTRE 18 E 30 ANOS

 Desenvolverase un curso de monitor de tempo libre e diferentes obradoiros relacionados coa motivación persoal e emprendedora “que constituirán un apoio importante no desenvolvemento profesional nun mercado laboral cada vez máis competitivo”

  • A inscrición é de balde, o prazo remata o 28 de xuño e as prazas son limitadas
  •  
  • O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, pon en marcha este verán o programa Avívate en Cervo dirixido a rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos.

A edil de Xuventude, Dolores García Caramés, trasladouse esta mañá ata o IES Marqués de Sargadelos, para explicarlle aos mozos a proposta, que consiste na realización dunha serie de actividades encamiñadas a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro.

Neste senso haberá un curso de monitor de tempo libre, que se impartirá dende o 3 xullo; um obradoiro de intelixencia emocional, o 17 de agosto, cunha duración de 3 horas; o obradoiro avívate, estratexias para acadar os teus obxectivos; tamén o 18 de agosto; un obradoiro de motivación empresarial, que se desenvolverá o día 21 de agosto; un xantar de convivencia e unha actividade de ioga.

Neste senso, aquelas persoas interesadas en participar, deberán cubrir as inscricións e entregalas antes do 28 de xuño na Casa da Cultura ou no Concello.

Caramés animou a todos os mozos e mozas a participar e sinalou “que dende o Concello de Cervo traballamos para tentar ofrecerlles todas as ferramentas que temos na nosa man, para complementar e dirixir a súa formación programando diversas actividades que cremos que constituirán un apoio importante para o seu futuro e desevolvemento persoal e profesional, nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa