Emprego
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PRESENTOULLE Á MESA LOCAL DE COMERCIO O PROXECTO DO CENTRO DE ARTESANÍA DE SARGADELOS

 

  • Á sesión ordinaria celebrada ás 13:00 horas, asistiron a representante dos Comerciantes do Concello de Cervo, un representante da Xunta de Galicia e membros do equipo de Goberno
  •  
  • Villares sinalou que “agardamos que poidan facer de intermediarios de este proxecto ao que nós lle vemos un gran potencial, contribuíndo a difundilo entre a sociedade e o gremio dos artesáns”
  •  
  • O Concello de Cervo fai unha convocatoria aberta a todos os artesáns este xoves, ás 12:00 horas, no propio Consistorio para desagregar os pregos de licitación e trasladarlles os requisitos necesarios para albergar os locais habilitados, a tramitación requirida e resolver calquera dúbida que poda xurdir ao respecto

O Concello de Cervo, acolleu este mediodía a sesión ordinaria da Mesa Local de Comercio, á que asistiron a representante dos Comerciantes do Concello de Cervo, un representante da Xunta de Galicia e membros do equipo de Goberno; o alcalde Alfonso Villares, en calidade de Presidente, a edil de Cultura Dolores García Caramés (Secretaria) e a edil de Emprego, Manuela Méndez (Vogal).

O rexedor puntualizou que se abordaron diferentes temas relacionados coa actividade comercial, entre os que destacou a presentación do proxecto da obra denominada “Espazo de emprendemento comercial, nave de fundición de Sargadelos”; que estamos a piques de rematar, e que foi concibida ao abeiro dunha subvención procedente da Xunta de Galicia, dunha orde da Consellería de Industria promovida para a creación de espazos de emprendemento comercial no medio rural, que conta cun orzamento de 120.000 euros, 70.000 dos cales foron aportados pola Administración Autonómica; e os restantes polo Concello de Cervo.

Villares sinalou que o que lles trasladamos á Mesa Local de Comercio “foi o enorme potencial que vemos no futuro Centro de Artesanía de Sargadelos, do que xa aprobamos o prego de licitación, e que será destinado á actividade artesanal; xa que “Sargadelos é un enclave excepcional; e o seu nome é coñecido non só en Galicia, tamén fóra dela”.

Pensamos que os asistentes a esta reunión poden facer de intermediarios de este proxecto, contribuíndo a difundilo entre a sociedade, e nomeadamente entre o gremio dos artesáns.

O rexedor tamén anunciou que o vindeiros xoves, ás 12:00 horas, o Concello de Cervo fai unha convocatoria aberta a todos os artesáns para desagregar os pregos de licitación e trasladarlles os requisitos necesarios para albergar os locais habilitados, a tramitación requirida e resolver calquera dúbida que poda xurdir ao respecto. Os interesados que así o requiran tamén poderán ver in situ as instalacións do futuro Centro de Artesanía de Sargadelos.

A xuntanza terá lugar no propio consistorio.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa