Emprego
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ACOLLEU UNHA REUNIÓN COS ARTESÁNS DO CONCELLO INTERESADOS NOS LOCAIS HABILITADOS EN SARGADELOS

 

O prego de licitación foi enviado xa para a súa publicación no BOP, dende que se faga público os artesáns teñen un mes de prazo para presentar a documentación requirida

O Concello de Cervo acolleu este mediodía unha xuntanza na que participaron os artesáns do municipio que se amosaron interesados en albergar un dos 6 locais habilitados na antigo edificio das Cabalerizas, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, para desenvolver a súa actividade.

O rexedor, Alfonso Villares, explicou que hoxe mesmo remitimos o prego de licitación, aprobado en días pasados, para a súa publicación do BOP, e dende o intre no que se faga público, os artesáns teñen un mes de prazo para presentar toda a documentación requirida para poder optar a un dos locais, e participar no concurso de adxudicación.

A reunión foi concibida para desagregar as condicións que deben cumprir os interesados, así como a documentación a presentar. Villares recordou neste senso que deben cumprir coa normativa vixente na Comunidade Galega en materia de artesanía.

Nesta ocasión, o encontro foi cos artesáns locais, pero o concurso é público, e calquera persoa interesada que cumpra as condicións pódese presentar, loxicamente, para optar a formar parte do futuro Centro de Artesanía. Neste senso sinalou que a nosa intención é difundir o máximo posible este proxecto ao que lle vemos gran potencial, e conseguir encher de vida Sargadelos dan man dos artesáns e das actividades socioculturais (exposición, mostras coloquios); que promoverán ao longo de todo o ano co obxectivo de dinamizar toda a contorna.

 

Villares recordou que os locais teñen unha superficie útil que vai dende os 47 aos 70 m2; e dous deles, os máis grandes (de 67 e 70 m2) foron concibidos para ser establecementos de venda ao público de produtos alimentarios artesanais, e os restantes catro poderán ser destinados a calquera actividade artesanal que se adecúe á normativa vixente nesta materia.

Así mesmo o alcalde trasladoulles aos artesáns presentes  que cada local terá un canon anual medio, cumprindo a normativa, que vai dende os 1400 aos 2200 euros, en función das cartacterísticas do mesmo. Pero recordou que nos propios pregos se recolle que o Concello vai “establecer bonificacións de ata o 90%; polo que os artesáns que se instalen no Conxunto Histórico terían que facer fronte a unha taxa anual duns 200 euros de media, para desenvolver a súa actividade nun destes habitáculos; unha medida que os artesáns valoraron como certamente positiva”.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa