Emprego
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO FORMA A PERSOAS DESEMPREGADAS EN ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES

                     

Trátase dunha acción formativa (AFD) subvencionada integramente pola Consellería de Economía, Emprego e Industria na que participan 14 alumnos

  • Levamos xa cinco anos apostando por esta especialidade “porque consideramos que pode ser un nicho importante de traballo, con interesantes expectativas laborais para os nosos veciños”
  •  
  • Ao remate da formación os alumnos recibirán un certificado de profesionalidade que é obrigatorio para desempeñar este traballo
  • O curso, que conta cun investimento de máis de 30.000 euros prodecedentes da Xunta de Galicia, componse de 468 horas, 80 delas prácticas en xeriátricos da zona
  •  
  • O Concello de Cervo está a formar a persoas desempregadas en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Trátase dunha acción formativa dirixida prioritarimente a persoas desempregadas (AFD) que promove a Consellería de Economía, Emprego e Industria para a que destina, neste caso, 33.378 euros.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, estiveron esta mañá compartindo unha sesión cos 14 alumnos que participan no curso de 468 horas de duración; das cales 80 horas serán destinadas a realizar prácticas nos xeriátricos da zona “froito dos convenios que subscribimos cos centros de Xove e Viveiro”, sinalou Villares.

O rexedor puntualizou que este é o quinto ano que apostamos por esta especialidade “porque, debido tamén á radiografía que presenta a sociedade actual na que a esperanza de vida cada vez é maior, vemos que este é un nicho importante de traballo, con expectativas laborais interesantes para os nosos veciños”.

 Ao superar o curso o alumnado recibirá o certificado de profesionalidade que é obrigatorio para desempeñar esta labor.

Tal e como apuntou Armada o obxectivo deste curso, que comezou o 27 de novembro e que está previsto que remate o 13 de abril, é “que os alumnos adquiran a formación necesaria para atender a persoas dependentes no ámbito sociosanitario en institucións onde se desenvolva a súa actuación, aplicando as estratexias deseñadas polo equipo interdisciplinar competente e os procedementos para mater e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relación coa contorna”.

O Concello de Cervo conta cunha aula teórica e outra práctica homologada para a impartición deste curso; equipada con utensilios e material de hixiene persoal, limpeza e sanitario; camillas e camas, roupa de cama, cadeira de rodas, bastóns, muletas, maniquíes…; para a aplicación práctica dos contidos teóricos que imparte o monitor cualificado.

No currículo formativo podemos destacar por exemplo módulos como a realización da hixiene e o aseo da persoa dependente; o mantemento da orde e condicións hixiénicas das habitacións dos usuarios; a administración dos alimentos e recollida de eliminacións; o apoio na organización de intervencións no ámbito institucional; a prestación de primeiros auxilios en situación de urxencia en institucións; o adestramento de hábitos de autonomía persoal en situcións cotiás ou a mellora no proceso de comunicación co usuario, entre outras moitos contidos teórico-prácticos.

 

O curso estase a impartir en horario de mañá no Edificio da Antiga Escola Obradoiro, en Cervo. 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa