Emprego
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ANUNCIA QUE CALQUERA PERSOA EMPRENDEDORA E CUN PROXECTO QUE CONTRIBÚA A DINAMIZAR SARGADELOS PODERÁ OPTAR AOS LOCAIS HABILITADOS NO ANTIGO EDIFICIO DAS CABALERIZAS

 

 

A día de hoxe hai un artesán da rama alimentaria que cumpre os requisitos e que se instalará en datas próximas no recinto

  • Aínda que seguirán a ter prioridade os artesáns, xa se está a traballar na redacción duns novos pregos máis flexibles “dado que constatamos intese real por parte doutros sectores que cremos que poden encaixar na contorna e no proxecto municipal”
  • Ademais dos 5 locais aínda sen adxudicar, tamén sairá a concurso un espazo anexo a esta edificación

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou de que “calquera persoa emprendedora e que coa súa actividade contribúa a dinamizar o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos poderá optar aos locais que temos habilitados no antigo edificio das Cabalerizas”.

O rexedor fixo este anuncio, logo de constatar que hai interese real por parte doutros sectores en formar parte deste proxecto municipal “e que cremos que poden encaixar á perfección na contorna”.

A día de hoxe, rematado xa o prazo para presentar propostas, hai un artesán da rama alimentaria que cumpre os requisitos e que se instalará nun dos 6 habitáculos en datas próximas.

Villares sinalou que, dadas as circunstancias e o interese real por parte doutros sectores, “xa estamos a traballar na redacción dun novo prego máis flexible, partindo da base de que seguirán a ter prioridade os artesáns”.

Tamén apuntou que, ademais dos 5 locais aínda sen adxudicar, “tamén sacaremos a concurso un espazo exterior anexo ao Edificio das Cabalerizas, que cremos que  pode ser un complemento importante a todo este recinto”.

Así mesmo, o alcalde recordou que cada local terá un canon anual medio, cumprindo a normativa, que vai dende os 1400 aos 2200 euros, en función das cartacterísticas do mesmo. Pero recordou que nos propios pregos se recollerá que o Concello vai “establecer bonificacións de ata o 90%; polo que os emprendedores que se instalen no Conxunto Histórico terían que facer fronte a unha taxa anual duns 200 euros de media, para desenvolver a súa actividade nun destes locais; unha cantidade que consideramos que é simbólica “porque a nosa intención é echer de vida o Conxunto Histórico Artístico”.

Villares sinalou que os locais teñen unha superficie útil que vai dende os 47 aos 70 m2 e que a obra contou con orzamento de 120.000 euros, procedentes da Xunta de Galicia e do propio Concello, “destinados integramente á posta en marcha dun centro vivo que agardamos, entre todos, converter en referente na Comarca”.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa