
A compostaxe doméstica é o proceso de descomposición biolóxica dos materiais orgánicos xerados no fogar, como é o caso dos restos de comida e podas, obtendo un produto final, o compost, que se pode utilizar como acondicionador de solos nos propios xardíns e hortas das vivendas que o fabrican.
É necesario:
- Un espazo axeitado na horta ou xardín
- Un composteiro onde depositar os restos orgánicos (aínda que se trata dun recipiente que non é imprescindible)
- Residuos de cociña (restos de verduras, froitas...)
- Residuos do xardín (restos de poda, follas secas,céspede...)
- Un aireador (pincho,pá…) para remover o compost
- Unha pá, para recoller o abono obtido
- Auga