
O composteiro é un recipiente que facilita a circulación do aire no seu interior, onde se introducen os restos orgánicos, permitindo unha óptima accesibilidade, tanto para depositar residuos coma para extraer o abono resultante.
A súa función é a de manter as condicións axeitadas de temperatura e humidade para a elaboración de compost, evitando ademais a entrada de pequenos animais e roedores que poden alterar o proceso.
Tal e como se veu facendo tradicionalmente, tamén se pode elaborar abono directamente no solo; non obstante, o composteiro aporta unha serie de vantaxes:
- Permite manter a zona limpa e recollida
- Acelera o proceso de compostaxe
- Evita os malos olores
- Facilita o control das condicións axeitadas de humidade, temperatura e osíxeno
- É de doada montaxe e sinxelo mantemento