
Esta EDAR depura as augas residuais procedentes das zonas de San Cibrao, Lieiro, Espiñeirido, Río Covo, Guioncho, Gondrás, Viladesuso e Galdín, está situada no poligono de Cuiña en San Cibrao/ Cervo, elixindo este lugar por que o solo é municipal, non dana o aspecto visual do pobo e mellora o impacto ambiental do lugar, dado que o antigo emisario submarino perxudica a calidade da auga das praias e de esta maneira alonxamos o vertido do núcleo de poboación.
ESQUEMA DO FUNCIONAMIENTO
As augas residuais e pluviais acaban por gravedad no tanque de tormentas que se encontra no parque Doña Sofía e as da zona de O Penal e do muelle chegan mediante bombeo. As primeIras augas con máis contaminación son filtradas por tres bombas e conducidas a depuradora, si as augas son demasiadas o aliviadeiro canalizará os excesos por o antigo emisario hasta a sua desenvocadura no mar.
Tras recibir as aguas na planta pasan por o pretratamento que consiste nun tamizado, donde se eliminan os sólido-sólido como trapos, pañales, toallitas, etc. Despois de este tanque pasa a outro donde se eliminan as areas e de ahí para o desengrasado, donde se eliminan as graxas por flotación de aire disolto (DAF) utilizando burbullas microfinas para facer flotar graxas, aceites e sólidos a superficie de donde son eliminados.
O efluente procedente do pretratamento é conducido a un tanque de aireación (reactor biolóxico) que inxecta un suministro constante de osíxeno, de esta forma asegurase que os organismos teñan un suministro adecuado de O2 para metabolizar a materia orgánica e favorecer a mezcla de auga.
Despois de esta etapa, os microorganismos separanse do líquido por sedimentación en decantador secundario, e obtemos o líquido clarificado que será vertido o mar mediante un emisario submarino de 700 metros de lonxitude.
En este punto, os fangos poden tomar duas vías, recirculanse de regreso o reactor biolóxico dado que contiñen unha gran cantidade de microorganismos que degradarán rápidamente a materia orgánica, ou entran na línea de fangos para a sua reducción de volume mediante espesamento, estabilización con cal, deshidratación e extracción da EDAR.
Esta depuradora produce residuos sólidos ol pretratamiento (sólidos-sólidos, arenas e graxas) e fangos (materia orgánica xa mineralizada), estos son almaceados en tolbas e recollidos por xestores, os primeiros levados a un vertedeiro e os segundos recollidos para transformalos en fertilizantes.

As augas residuais son un dos aspectos ambientais máis significativos, tanto por os elevados volumes xerados como por a carga contaminante asociada a estas augas.
Por este motivo dispoñemos das EDAR, estas pertencen o sector da agua, na páxina de augas de Galiza aparecen clasificadas no departamento de saneamento e depuración pero máis concretamente estas pertenecen o tratamento de augas residuais.
O interese de este sector é garantir que as augas residuais xeradas por consecuencia das actividades humanas como a agricultura, gandería, distintas actividades domésticas e as industrias reciban un tratamento adecuado antes do seu vertido, reducindo a carga contaminante que poidan ter, preservando así a calidade da auga e conseguindo que o impacto medio ambiental sexa menor, para isto a Directiva 91/271/CEE establece duas obrigas.
A primeira é que as aglomeracions urbas deberán dispoñer de sistemas de colectores para a recogllida e conducción das augas residuais e en segundo lugar, deben levar a cabo distintos tratamentos os que deberán someter as augas antes do seu vertido a augas continentais ou mariñas.
No concello de Cervo dispoñemos das seguintes depuradoras:
- Depuradora do poligono de Cuiña
- Depuradora ecolóxica de Cervo
- Depuradora de pluviais do poligono de Cuiña
- Depuradora de Castelo
- Depuradora de Trasbar
- Depuradora da Senra
- Depuradora de Figueirido
Das que destacan a despuradora do polígono de Cuiña por a sua complexidade e tamaño, e a de Cervo dado que é ecolóxica.

Calcúlase que a metade da auga aproveitable está contaminada, sendo a súa depuración unha prioridade para o medioambiente, e en grande medida o futuro do planeta depende de como coidemos este preciado recurso. A auga limpa é vida e prosperidade para as persoas que teñen acceso a ela.
SISTEMA DE PLANTACIÓN E CONVENIOS DE INVESTIGACIÓN
A Universidade Politécnica de Madrid e Macrofitas SL (Hidrolution) levan máis de 10 anos investigando e desenrolando a tecnoloxía de Filtros de Macrofitas en flotación (FMF).
Os procedementos óptimos para converter prantas macrofitas emerxentes en flotantes, e conseguir crear un tapiz fito-remediador libre e en flotación na lámina de auga, foron desenrolados e patentados internacionalmente por Macrofitas SL, como eslabón fundamental da técnica.
Para iso, deseñáronse os innovadores sistemas CRC, ESE, e EFE, denominándose o conxunto Sistema Hidrolution FMF. Desta forma conséguese o óptimo e seguro desenvolvemento do filtro, ampliándose o rango de aplicacións do procedemento a medios ata agora arriscados, o que abre novos campos á depuración e rexeneración das augas contaminadas.
Na actualidade estanse levando a cabo importantes convenios con organismos públicos da auga para certificar as novas aplicación e innovacións da tecnoloxía, destacando pola súa relevancia e excelentes resultados os seguintes campos de investigación:
- Tratamento directo de fangos excedentes de EDARs convencionais
- Tratamento de verquidos de matadeiros e industrias cárnicas
- Tratamento de xurros de granxas porcinas
- Evaliación de modelos para augas urbanas
- Aforro enerxético producido pola aplicación combinada do sistema Hidrolution dentro de EDARs de Fangos activos.
ESQUEMA DE FUNCIONAMENTO
O sistema Hidrolution FMF, comparado coas tecnoloxías convencionais, supón unha revolución nos sistemas de tratamentos de auga, xa que fai realmente posible a sostenibilidade medioambiental e económica da rexeneración das augas residuais. Non debe confundirse o sistema Hidrolution FMF cos filtros verdes convencionais, xa que o novo sistema non sofre a progresiva colmatación, e ademais multiplica ata por 10 veces o rendemento do filtro.
VENTAXAS DIFERENCIAIS
1. SEN GASTO ENERXÉTICO (SOL+PLANTAS)
2. BAIXO MANTEMENTO, REDUCÍNDOSE A LABORES FITOSANITARIAS
3. ELIMINACIÓN EFICIENTE DE FANGOS
4. AUSENCIA DE MALOS OLORES E RUÍDOS
5. MÍNIMA E ECONÓMICA OBRA CIVIL
6. REXENERACIÓN DE EFLUENTES MELLOR QUE AUTORIZACIÓN DE VERQUIDOS (REDUCCIÓN DO 90% EN DBO,DQO,SS,ST E N)
7. AS DEPURADORAS HIDROLUTION FMF CUNHA AXEITADA INTEGRACIÓN PAISAXÍSTICA TRANSFÓRMANSE EN ESPAZOS DE GRANDE RIQUEZA MEDIOAMBIENTAL, E XERADORES DE NOVOS NICHOS ECOLÓXICOS.
8. ESPECIAL TOLERANCIA FRONTE A DIFERENTES CONDICIÓNS DE TRATAMENTO E CAUDAL
9. SEGURIDADE DE IMPLANTACIÓN COS NOVOS SOPORTES HIDROLUTION CRC, ESE E EFE
10. SEN PEGADA ECOLÓXICA E SUMIDOIRO DE METANO (CH4=25 X CO2)