
O Concello de Cervo concédelle unha importancia estratéxica á programación das súas accións ambientais destinadas á preservación dos recursos e bens naturais do termo municipal e á xeración de novas actitudes cidadás que permitan un desenvolvemento local sostible.
Apostamos de forma decidida pola compostaxe como método de eliminación e redución de residuos dende xuño de 2010, cando pasamos a formar parte dun progama piloto de compostaxe levado a cabo por SOGAMA e ao que decidimos darlle continuidade a través de fondos propios municipais.
A recollida selectiva forma parte das nosas vidas e rutinas cotiás dende hai moitos anos. Neste tipo de recollida sepáranse os residuos en función da súa clase e desposítanse nos contenedores correspondentes. Este sistema require un elevado grao de concienciación e colaboración cidadá para funcionar. En España adoptouse un código de cores unificado para os contedores. Así o establece o Plan Nacional de Residuos Urbanos:
- Contedor verde para o vidrio.
- Contedor azul para o papel e cartón.
- Contedor amarelo para os envases.