Medio Ambiente
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REALIZARÁ AS OBRAS NECESARIAS PARA DOTAR DUN SISTEMA PÚBLICO DE ABASTECEMENTO DE AUGA AO BURGO DE TRASBAR

A Administración local destinará para esta actuación 133.000 euros

O Concello de Cervo acometerá as obras necesarias para dotar dun sistema público de abastecemento de auga ao Burgo de Trasbar.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Obras e Medio Ambiente, Mali Méndez, mantiveron un encontro coa pedánea da zona Marina Díaz e cunha representación da asociación de veciños para explicarlles o proxecto para o que se destinarán 133.000 euros.

Villares precisou que “levamos xa tempo traballando conxuntamente para axilizar a posta en marcha desta prestación; que nos próximos meses será xa unha realidade”.

As obras proxectadas –tal e como puntualizou o rexedor- consistirán na execución dunha conexión na rede municipal existente, dun bombeo, e a construción dun depósito de cabeceira, próximo ao núcleo, desde onde partirá a rede de distribución que dará caudal e presión suficientes ás casas do Burgo; que ata o de agora se subministran a través de medios autónomos como traídas particulares ou pozos.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa