Medio Ambiente
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INVESTIRÁ PRETO DE 50.000 EUROS PARA LEVAR O SANEMENTO AO NÚCLEO DE SANTOMÉ, EN SAN ROMÁN

O rexedor e a edil de Obras mantiveron un encontro cunha representación da veciñanza para explicarlles o proxecto que se executará nos próximos meses

O Concello de Cervo destinará preto de 50.000 euros   -47.403, 81 concretamente- procedentes do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, para levar o saneamento ao lugar de Santomé, na parroquia de San Román de Vilaestrofe.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Obras, Mali Méndez, mantiveron un encontro co pedáneo da zona, Antonio Vila, e cunha representación da veciñanza, para explicarlles polo miúdo o proxecto que se executará nos vindeiros meses.

Os traballos consistirán no soterramento das canalizacións de saneamento, telecomunicacións e alumeado público e na pavimentación da vía que transcorre por Santomé aproveitando para recuperar a condución das augas pluviais polo seu curso natural.

Villares apuntou que se trata dunha actuación importante para a veciñanza deste núcleo, “son obras que non se ven, que están soterradas, pero que son moi necesarias para seguir a mellorar a calidade de vida dos cervenses”, neste caso en beneficio daqueles que viven no rural, e para nós é primordial que “as inversión cheguen a cada recuncho do noso municipio que o precise, e dende o Concello traballamos decididamente para elo”, engadiu.

Con esta actuación preténdese favorecer o soterramento do cabreado para logo, nunha segunda fase, proceder á execución das instalacións de depuración das augas residuais.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa