Medio Ambiente
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INVISTE MÁIS DE 35.000 EUROS NA MELLORA DA REDE DE SANEAMENTO DO RÍO COBO

Con esta actuación darase servizo ás parcelas situadas entre a Urbanización e o lugar do Chope

O rexedor cervense, Alfonso Villares, puxo en valor estes traballos que pola súa natureza, ao quedar ocultos, poden pasar inadvertidos “pero que consideramos prioritarios para mellorar a calidade de vida dos cervenses”

A Administración local aposta seguir mobilizando fondos públicos para este fin para chegar a cada recuncho do Concello

O Concello de Cervo está a acometer traballos para mellorar a rede de saneamento na contorna de Río Cobo.

O rexedor, Alfonso Villares, e a  edil de Obras, Mali Méndez, estiveron na zona supervisando a actuación que dará servizo ás parcelas situadas entre a urbanización de Río Cobo e a zona coñecida como O Chope, para a que se destinan máis de 35.000 euros procedentes de fondos propios.

Con esta actuación, o que se pretende é completar a rede principal de saneamento para levar o servizo a estes puntos que por problemas de cotas, presentaban certa complexidade. Con esta obra –precisaron- “logramos dar por finalizada e completada a rede de saneamento para cubrir as necesidades de toda a poboación do barrio de Río Cobo”.

Villares puxo en valor estas actuacións que pola súa natureza, ao quedar soterradas, poden pasar dalgún xeito inadvertidas, pero que para nós, para o Concello de Cervo “son unha prioridade porque contribúen a mellorar a calidade de vida dos cervenses”.

Seguiremos apostando por mobilizar diñeiro público –engadiu- para conseguir o noso obxectivo “que é levar o servizo a cada recuncho de noso municipio, tanto ás zonas urbanas, como rurais”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa